CONCELLERÍA DE CULTURA E ENSINO
"Malos Hábitos" este venres no Museo do Humor de Fene
18-11-2015
A función comezará no salón de actos da Casa da Cultura de Fene (Avda. de Conces, 20-22) o venres 20 de novembro ás 20 horas. As entradas serán de balde aínda que, para asistir ao espectáculo, será preciso recoller as invitacións (2 por persoa) o mesmo venres na conserxería da Casa da Cultura de Fene a partir das 16 horas. Por capacidade do salón de actos da Casa da Cultura-Museo do Humor de Fene, o aforo está limitado a 120 persoas.“Málos hábitos” é un espectáculo teatral cheo de humor e catalogado como “micromisa”. Trátase dunha comedia escrita e dirixida polo dramaturgo naronés José Luís Prieto, Con esta obra, Camila Bossa e Iolanda Muíños optaron ao premio de teatro María Casares 2013 na categoría de mellores actrices protagonistas.
En “Malos hábitos”, dúas mulleres, dúas monxas de clausura preséntanse perante o público. Hoxe saíron do convento para contar cómo cambiaron as súas vidas dende que a “Forza do Señor” penetrou nelas e para contar cómo é a súa vida agora: fan pastas, cultivan as súas herbas, fan teatro, cantan no coro...e ata participan nas Cristianolimpiadas con outros conventos...¿Cal é o seu segredo? Descubrídeo e participade desta experiencia relixiosa. E lembrade: elas están pechadas alí dentro pero nós estamos pechados aquí fóra... Pensade...pensade niso...e non vos preocupedes, elas rezarán por nós”.