Comezan as sesión de espazos de familias abertos a toda a poboación

CONCELLERÍA DE IGUALDADE E BENESTAR

Comezan as sesión de espazos de familias abertos a toda a poboación

Comezan as sesión de espazos de familias, abertos a toda  a  poboación, onde se tratarán aspectos relacionados coa educación e desenvolvemento das mozas e mozos. Desenvolveranse dous grupos:
Este xoves, 19 de novembro terá lugar o esta sesión dirixido  a familias con fillas/os cursando educación secundaria, que se reunirán no Centro Municipal de Servizos Sociais  de San Valentín, de 17:45 a 19:15 h.
O próximo martes 24 de novembro, terá lugar o esta sesión dirixido  a familias con fillas/os    cursando educación  primaria, no CEIP Centieiras, en Perlío, de 17:00 a 18:30 h.En ámbolos grupos celebrase esta primeira sesión abordando o tema de comunicación e disciplina positiva. A finalidade destas sesións e aportar novas ferramentas e recursos educativos ao grupo de nais e pais ou outros membros da familia interesados en ampliar os seus propios coñecementos e favorecer así o apoio que poden aportar as súas fillas e fillos.
A coordinadora deste programa é a pedagoga municipal.
Para calquera información dirixirse a:
CENTRO  MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981 492 706 / 981 342607
Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal