Este venres o Museo do Humor de Fene pon fin o ciclo "Novembro, Mes do Humor" e abre as súas portas a mostra "Francisco Ibáñez, el Mago del Humor"

CONCELLERÍA DE CULTURA E ENSINO

Este venres o Museo do Humor de Fene pon fin o ciclo "Novembro, Mes do Humor" e abre as súas portas a mostra "Francisco Ibáñez, el Mago del Humor"

Ás 21.00 h, tras a inuguración e dando fin o ciclo “Novembro, Mes do Humor”, as persoas que previamente recolleran a invitación poderán asistir  o último espectáculo "Que Cousas" do coñecido narrador e contacontos Cándido Pazó.
“Qué cousas!”  é un espectáculo de narración oral “tabernaria”, a medio camiño entre o conto e o monólogo cómico. Unha ristra de lerias e historias baseadas en verdades que parecen mentira ou en mentiras que parecen verdade. Nun híbrido entre o narrador e o xograr da palabra, entre o lingoretas de taberna e o bululú teatral, as historias que conta Cándido Pazó son escollidas e administradas sobre a marcha, dependendo do ambiente, do público, da gana e da inspiración do “conteiro”.
A entrada será de balde aínda que, para asistir será preciso recoller invitacións (2 por persoa) o mesmo día da actuación na conserxería da Casa da Cultura de Fene a partir das 16 horas. Por capacidade do salón de actos da Casa da Cultura-Museo do Humor de Fene, o aforo está limitado a 120 persoas.