CONCELLERÍA DE BENESTAR E IGUALDADE
Obradoiro "Recuperación da memoria" no Centro Municipal de Servizos Sociais
26-11-2015
Este obradoiro está pensado para tratar o inicio de patoloxías, diminuíndo ou retrasando a incidencia de demencia e deterioro cognitivo. As persoas participantes pasan unha proba previa para valorar o estado no que se atopan e así poder adaptar as actividades as súas necesidades.As actividades están encamiñadas a mellorar a memoria, orientación e atención así como retrasar a incidencia de demencia e deterioro cognitivo. O grupo de apoio para familias de persoas dependentes é un espazo no que se comparten experiencias, sentimentos e dúbidas. Trataranse temas de coidado e autocoidado.
Nesta sesión continuaremos co tema das barreiras arquitectónicas no fogar: cómo previr caídas, ademáis dos diferentes recursos psicosociais cos que poden contar os familiares de persoas dependentes sempre dende a experiencia dos propios usuarios. Polo tanto seguiremos dando as mellores ferramentas aos coidadores para actuar de xeito correcto.
Tendo en conta que as persoas dependentes soen ter a súa mobilidade reducida que, xunto coas barreiras arquitectónicas que atopan no seus domicilios soen provocar caídas en ocasións con importantes consecuencias.
Horario:de 16.30 A a 18.00h.
O GRUPO DE APOIO A FAMILIAS está aberto á poboación xeral.
O lugar de desenvolvemento das actividades terá lugar no CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS.
A sesión está impartida polas psicólogas da empresa Recordando
O programa está coordinado pola pedagoga municipal ACTIVIDADE GRATUÍTA ABERTA A TODA A POBOACIÓN.
Para calquera información dirixirse a: CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607
Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal