CONCELLERÍA DE CULTURA E ENSINO
Concurso "Mortadelo e filemón en Fenicia"
27-11-2015
As persoas interesadas en participar deberán presentar unha composición plástica orixinal na que aparezan os populares personaxes de Ibáñez nunha paisaxe recoñecible do Concello de Fene (por exemplo, a Praza do Concello, a grúa pórtico de Astano, a praia de Almieiras, a Fervenza, a Praza Verde.....).Segundo se establece nas bases, “poderá participar neste concurso calquera persoa (os/as menores de idade deberán achegar autorización asinada polo seu pai/nai ou titor/a legal) que visite a exposición “Francisco Ibáñez, el Mago del Humor”, que se amosa no Museo do Humor de Fene entre o 27 de novembro de 2015 e o 30 de xaneiro de 2016. A participación nos niveis de educación infantil e primaria poderá ser a título individual ou colectivo; isto é por curso, aula ou grupo de alumnos/as mentres que nos restantes niveis será a título individual, establecéndose as seguintes categorías:
- Educación infantil
- 1º/2º/3º de educación primaria
- 4º/5º/6º de educación primaria.
- ESO.
- Bacharelato e Ciclos Formativos.
- Adultos
En canto aos premios, establécese un único premio por categoría que consistirán en:
- Educación Infantil. Vale por un importe de 50 € en libros e diploma.
- 1º/2º/3º de educación primaria. Vale por un importe de 50 € en libros e diploma.
- 4º/5º/6º de educación primaria. Reprodutor Ipod Shuffle e diploma
- ESO. Lector de libro electrónico Kindle Paperwhite e diploma
- Bacharelato e Ciclos Formativos. Tableta BQ AQUARIS M10 e diploma
- Adultos Tableta BQ AQUARIS M10 e diploma
O fallo do xurado –formado pola Concelleira de Cultura e Ensino, por un/ha profesor/a de educación infantil; un/ha profesor/a de primaria; un/ha profesor/a de ensino medio e a coordinadora do Museo do Humor- terá lugar na última quincena de febreiro de 2016 e darase a coñecer a través da páxina web fenecidadan.gal e dos diferentes medios de comunicación.