Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol
Exhibición de deporte inclusivo no Polideportivo "O Ramo"
30-11-2015
Ao longo da xornada, coa asistencia do alcalde de Fene Juventino Trigo e representantes municipais de concellos da Comarca, haberá exhibicións de slalom en cadeira de rodas, boccia, baloncesto en cadeira de rodas e baile, nas que poderán participar os propios alumnos e alumnas do centro para coñecer por si mesmos estas modalidades, de acordo co enfoque inclusivo desta iniciativa.As escolas de Deporte Inclusivo da Mancomunidade contan cunha subvención da Deputación da Coruña, e na súa impartición colaboran as entidades ADM (Boccia, Slalom e Tenis), Basketmi (baloncesto), Vida Activa (baile) e COGAMI (pilates).
Destacar que no Pavillón Polideportivo "O Ramo" se desenvolve os xoves de 17:30 a 19:00 a actividade Baloncesto en cadeira de rodas. Actividade enmarcada no Programa de deporte e actividade física adaptada e inclusiva