XI Slalom de Fene

ESCUDERÍA SCRACHT FENE

XI Slalom de Fene

A escudería fenesa bate records nesta proba, pois son xa 44 os pilotos participantes. Segundo declarou a  comisaria da proba, Fatima Ameneiro, Adrián Bouza e Rubén García xóganse o campionato galego na cita de Fene.
A escudería Scracht Fene repartirá premios grazas ao patrocinio de varias firmas relacionadas co motor. Ademais dos seis primeiros clasificados, a propia escudería repartirá os seus trofeos: o Scracht Fene, o de debutantes (Talleres Gandoy), e o Feminino (Ortegal Oil) ao que se presentan tres mulleres novas. Destacar que nesta edición creáronse dous trofeos novos: un para menores de 25 anos (sete inscritos) e outro ao mellor coche renault (trofeo ao que acuden pilotos de toda Galicia).
A entrega dos premios será Praza do Concello de Fene a partir das 22.00 h, unha vez finalice o Slalom. As persoas que se acheguen poderán ver de preto os coches xa que os pilotos/as os estacionarán na praza do concello.