O Concello de Fene busca paxes para a cabalgata das SSMM Os Reis Magos de Oriente

CONCELLERÍA DE CULTURA E ENSINO

O Concello de Fene busca paxes para a cabalgata das SSMM Os Reis Magos de Oriente

Os/as pequenos que desexen participar como paxes terán que entregar debidamente cuberto o formulario de solicitude no Rexistro Xeral do Concello entre o 9 e o 16 de decembro.o  A selección dos 50 nenos/as farase por sorteo público que terá lugar no salón de sesións da Casa do Concello o venres 18 de decembro ás 11:00 h. Os/as nenos/as seleccionados deberán vir á Cabalgata caracterizados/as de paxes reais; pastores/as ou apalpadores/as. A caracterización será por conta dos pais e das nais dos menores. A organización contactará cos pais e nais, con antelación suficiente, para indicarlles a carroza na que irán e os horarios.
Os/as nenos/as irán acompañados de 2 monitores/as por carroza.
Máis información no Departamento de Cultura e Ensino do Concello de Fene. Tfno. 981 340 366