XXX Memorial Adolfo Ros

CONCELLERIA DE DEPORTES

XXX Memorial Adolfo Ros

O percorrido será sobre asfalto, para completar a lonxitude de 21.097 metros, con saída e meta nas proximidades do C.C. Odeón (Narón).
O tempo máximo para percorrer a distancia será de 2 horas e 20 minutos.As persoas interesadas poderanse inscribir ata o xoves 10 de decembro a través da web http://www.championchipnorte.com
As inscricións para as carreiras de menores serán gratuítas e realizaranse a través da páxina web da Federación Galega de Atletismo, Delegación de Ferrol: http://www.fgatletismo.es/ferrol/
Poderanse realizar inscricións ata o mércores 09 de decembro ás 21:00h.
Non se admitirán inscricións o día da proba.