CONCELLERÍA DE BENESTAR E IGUALDADE
Nova sesión do obradoiro "Recuperación da memoria" no Centro Municipal de Servizos Sociais
10-12-2015
Na sesión do grupo de apoio ás familias falarán das experiencias como coidadores, realizarán algunha dinámica sobre os recursos cos que se conta para facer fronte a tarefa de coidar e rematarán cunha dinámica de relaxación. Estes temas abordaranse dende un punto de vista global e dinámico tendo en conta as situacións concretas que viven as persoas coidadoras no seu día a día.O GRUPO DE APOIO A FAMILIAS está aberto á poboación xeral.
O lugar de desenvolvemento das actividades terá lugar no Centro Municipal de Servizos Sociais de 16.30 a 18.00 h. Para calquera información dirixirse a:
CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607
Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal