CONCELLERÍA DE FACENDA, PROMOCIÓN ECONÓMICA, FORMACIÓN E EMPREGO
Anuncio da aprobación da lista de aspirantes a funcionario/a interino/a das prazas de conserxe
11-12-2015
Contra a presente resolución que pon fin á vía administrativa poderá interpoñerse potestativamente o RECURSO DE REPOSICIÓN ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes, significándolle que se interpón o recurso de reposición non poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se teña producido a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.Transcorrido un mes dende a interposición do recurso potestativo de reposición sen que se lle teña notificado resolución expresa, entenderase desestimado por silencio administrativo e quedará expedita a vía contencioso-administrativa, podendo interpoñerse o recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado Contencioso-administrativo de Ferrol, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución expresa do recurso de reposición, ou no prazo de seis meses, contados desde o día seguinte ao de aquel no que se teña producido o acto presunto.
Non obstante, poderase impugnar directamente a resolución ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa (artigo 116.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro). A tal efecto, poderase interpoñer RECURSO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO, no prazo de dous meses, ante o Xulgado Contencioso-Administrativo de Ferrol, sen prexuízo de que se poida exercitar calquera outro recurso que se estime pertinente.Os prazos cóntanse a partir do día seguinte á publicación desta resolución no taboleiro de edictos e na páxina web do Concello de Fene.