CONCELLERÍA DE BENESTAR E IGUALDADE
Espazos Compartidos e Suma e Segue
14-12-2015
Nesta semana realizaranse Grupos de Familias conxuntas (nais, pais e fillas/os) en ambos programas. Para o grupo de Espazos Compartidos (familias con fillas/os en educación primaria) realizaranse varias sesións nos centros escolares, onde se tratará o tema de “Aprender xogando: a importancia de xogar en familia” , aproveitandose estas datas, para facer recomendacións de xogos e xoguetes para o nadal. No grupo de Suma e Segue (familias con fillas/os en educación secundaria) realizarase unha única sesión onde se tratará o tema de “Educación para o ocio e o tempo de lecer: sabemos co que se divirten as nosas fillas e fillos?”.Os grupos e as datas de reunión son as seguintes:
ESPAZOS COMPARTIDOSCEIP CENTIEIRAS Luns 14 de decembro de 16:00 a 17:30 H
CEIP OS CASAIS Mércores 16 de decembro de 17:30 a 19:00 H
CPI XUNQUEIRA Xoves 17 de decembro de 16:00 a 17:30 H
SUMA E SEGUE
CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS Xoves 17 de decembro de 17:45 a 19:15 HA finalidade destas sesións é aportar novas ferramentas e recursos educativos ás familias interesadas en ampliar os seus propios coñecementos, compartir experiencias e favorecer así o apoio que poden aportar as súas fillas e fillos ou netos/as.
A coordinadora deste programa é a pedagoga municipal.
Para calquera información dirixirse a:
CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607 - Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal