XV Festival de Panxoliñas

CONCELLERÍA DE CULTURA E ENSINO

XV Festival de Panxoliñas

O Tradicoro de Airiños de Fene, a coral polifónica de San Valentín, a coral Eterna Xuventude, a coral polifónica de Agarimo, a coral polifónica do Pote e as rondallas Estrelecer e Perla do Río serán este ano as protagonistas do XV Festival de Panxoliñas co que comeza o programa de actividades de Nadal do Concello de Fene. Para o vindeiro luns, 21 de decembro, a Concellería de Cultura e Ensino anuncia unha sesión de contos, a partir das 12.00 horas, na biblioteca municipal de Fene. O mesmo día, ás 17.00 horas, celebrarase no salón de actos da Casa da Cultura o Festival de Nadal das Escolas Municipais Culturais de Música. E tamén a partir do vindeiro luns, amosarase na sala de banda deseñada do Museo do Humor (3º andar da Casa da Cultura de Fene) a exposición “Mulleres no cómic”.