V Exhibición de Baile Moderno e Bailes de Salón "Concello de Fene"

CONCELLERÍA DE DEPORTES

V Exhibición de Baile Moderno e Bailes de Salón "Concello de Fene"

A V Exhibición de Baile Moderno e Bailes de Salón “Concello de Fene” contará coas actuacións das escolas municipais de baile e ximnasia rítmica de Fene, do Club Móvete e da Asociación Paso a Paso. Tamén participarán as escolas Salsa Nova, Paso a Paso “All Music”, Fussion Dance, CBD Narón e Escola de Baile de Neda. Ao longo das tres horas que durará (aproximadamente) a exhibición, anúncianse demostracións de baile moderno, ballet, hip hop, bailes de salón e ximnasia rítmica.
 
A actividade, concluirá coa entrega de diplomas aos/ás participantes.