Os SSMM Os Reis Magos de Oriente xa teñen paxes

CONCELLERÍA DE CULTURA E ENSINO

Os SSMM Os Reis Magos de Oriente xa teñen paxes

O sorteo público que estaba previsto no salón de sesións da Casa do Concello para o venres 18 de decembro ás 11:00, queda anulado xa que o número de nenos/as inscritos foi menor a 50.
Os/as nenos/as s deberán vir á Cabalgata caracterizados/as de paxes reais; pastores/as ou apalpadores/as. A caracterización será por conta dos pais e das nais dos menores. A organización contactará cos pais e nais, con antelación suficiente, para indicarlles a carroza na que irán e os horarios.
Os/as nenos/as irán acompañados de 2 monitores/as por carroza.
Máis información no Departamento de Cultura e Ensino do Concello de Fene. Tfno. 981 340 366