Mulleres no Comic

CONCELLERÍA DE CULTURA E ENSINO

Mulleres no Comic

O horario de visitas da exposición será, durante o Nadal, de luns a venres, de 10.00 a 14.15 horas e de 17.00 a 21 horas. Os sábados e domingos (19, 20, 26, 27 de decembro e 2 e 3 de xaneiro) e os días 24, 25, 31 de decembro e 1 de xaneiro o Museo do Humor permanecerá pechado ao público.
Segundo explica a comisaria da mostra, Elena Vergara, “a partir dos anos 70 algunhas autoras comezaron a debuxar historias nas que narraban con humor e realismo vivencias propias ou de mulleres reais, cribles e próximas. Nelas atopábamos por primeira vez o reflexo dos sentimentos e da sexualidade feminina non distorsionada pola visión androcéntrica e alonxada de certos estereotipos.
Nos últimos anos, estes cómics están a cobrar grande importancia coa aparición dunha serie de mulleres que se deron a coñecer nos últimos anos, ocupando cada vez máis notoriamente as estanterías de librerías e bibliotecas. Nas súas obras, estas mulleres expresan o seu malestar coa imaxe feminina e os roles atribuídos segundo o xénero, incorporando nos seus traballos as súas experiencias persoais ou investigando sobre as posibilidades narrativas e estéticas da súa propia percepción, alterando en todos os casos os valores establecidos. Entre outras temáticas, abordan nas súas obras a violencia de xénero, as relacións familiares e de parella, o cancro, a inmigración, a sexualidade, a adolescencia…amosando ata ónde é posible chegar coa historieta e cómo a través dela poden artellarse discursos apaixoados e desgarradores…ou absolutamente hilarantes”.