CONCELLERÍA DE DEPORTES
FENE CELEBRA O SEU SEGUNDO TORNEO DE FÚTBOL SALA FEMININO DE NADAL
23-12-2015
Participarán os equipos: Ártabras Fene F.S.F. (club organizador), CCRD Perlío, Frutas Jose Viveiro F.S.F. (Lugo) e Viaxes Amarelle (A Coruña).Este Torneo terá carácter solidario, xa que se procederá á recollida de alimentos para a organización Cáritas Fene.
O Torneo terá o seguinte programa:
16:00 h.: Partido Grupo A: Ártabras Fene F.S.F. – CCRD Perlío
16:50 h. : Partido Grupo B: Frutas Jose Vivero F.S.F. (Lugo) – Viaxes Amarelle F.S.F. (A Coruña)
17:40 h.: Partido de exhibición de fútbol sala feminino (nenas de 4 a 7 anos) : Escolas municipais de Fene – Escola de Viaxes Amarelle F.S.F.
18:30 h. : Partido de exhibición de fútbol sala feminino (nenas de 8 a 12 anos): Escolas municipais de Fene – Escolas de Viaxes Amarelle F.S.F.
Entrega de merendas e detalles a todas as nenas participantes nas exhibicións
19:30 h.: Partido 3º e 4º posto (perdedor grupo A – perdedor grupo B)
20:20 h.: Final do Torneo (gañador grupo A – gañador grupo B)
21:05 h.: Acto de clausura do Torneo: entrega de trofeos, picnic ás xogadoras, sorteo dunha cesta de nadal e entrega de alimentos á organización Cáritas Fene.