Recepción municipal á actriz Aurora Pita Alonso

ALCALDÍA

Recepción municipal á actriz Aurora Pita Alonso

Aurora Pita Alonso marchou de Fene coa súa familia a finais do ano 1936, fuxindo da Guerra Civil. Foi precisamente en Cuba, en La Habana, onde comezou a forxarse unha exitosa traxectoria persoal e profesional.  Aurora Pita traballou como actriz na radio e na televisión cubanas. De feito, chegou a participar en once programas diarios de radio, especialmente nos xéneros de novela e aventuras. Tamén actuou en escenarios tan importantes coma o do Gran Teatro Nacional de Cuba ou os dos teatros das sociedades Rosalía de Castro e Artística Galega. E acadou importantes premios e recoñecementos coma o “Premio Nacional da Radio de Cuba” no ano 2008 ou o “Manuel Curros Enríquez”, galardón outorgado polo Centro Unión Ourensana de La Habana.