CONCELLERÍA DE DEPORTES
Paula Mayobre e Santiago Garcíaa, gañadores da III San Silvestre de Fene
01-01-2016
Na categoría masculina, o primeiro clasificado foi Santiago García Rodríguez, do Club de Atletismo Narón, seguido de Ero Doce González (2º clasificado), do Club de Atletismo Santiago, e Brais Canosa Fernández (3º clasificado), corredor independente.Catrocentos setenta participantes na proba absoluta, setenta e cinco na andaina e cincuenta corredores/as na categoría “Pitufos”. É o balance da III San Silvestre que organiza a Concellería de Deportes de Fene, coa colaboración da Concellería de Cultura e Ensino, Policía Local e Protección Civil de Fene. A carreira, celebrada esta tarde polas rúas do termo municipal, congregou tamén a centos de espectadores que acudiron a animar aos/ás participantes.
Dende a concellería de Deportes cualificouse a proba de rotundo éxito, tendo en conta que o número de inscritos duplicou o do ano pasado. Malia todo, o responsable desta área, o edil Xoán Manuel Bastida lamentou que houbera que pechar as inscricións horas antes do previsto, aclarando que foi a proposta da Federación Galega de Atletismo para poder garantir a seguridade de todos os participantes.