Acredítate!

CONCELLERÍA DE FACENDA, PROMOCIÓN ECONÓMICA, FORMACIÓN E EMPREGO

Acredítate!

Explica que a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, vén de publicar unha orde no DOG (Orde no Diario Oficial de Galicia ) o día 8 de xaneiro, pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais, de distintas familias profesionais.
prazo de presentación de solicitudes será desde o 11 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2016.
A solicitude de participación no procedemento farase empregando a aplicación infor­mática subministrada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que se atopa no enderezo http://www.edu.xunta.es/acreditacion. Esta aplicación estará activa a partir do 11 de xaneiro de 2016.
Máis información no servizo de orientación laboral do Concello de Fene, tfno 981 492 767. orientacion.laboral@fene.gal