Convocatoria de acreditación de competencias profesionais

CONCELLERÍA DE FACENDA, PROMOCIÓN ECONÓMICA, FORMACIÓN E EMPREGO

Convocatoria de acreditación de competencias profesionais

Se ben o pasado venres informábamos da convocatoria aberta pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, hoxe, luns 11 de xaneiro de 2016 anunciamos unha nova convocatoria da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
Esta orde ten por obxecto convocar, o procedemento para a avaliación e a acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación nas seguintes cualificacións profesionais:
– Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2): 646 prazas.
– Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2): 455 prazas.
– Servizos para o control de pragas (SEA028_2): 50 prazas.
– Xestión de servizos para o control de organismos nocivos (SEA251_3): 50 prazas.
– Socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFD340_2): 200 prazas.
– Socorrismo en instalacións acuáticas (AFD096_2): 200 prazas.
– Extinción de incendios e salvamento (SEA129_2): 250 prazas.
– Confección e mantemento de artes e aparellos (MAP005_2): 70 prazas.
– Aproveitamentos forestais (AGA343_2): 100 prazas.
– Tanatopraxia (SAN491_3): 150 prazas.
 
 Máis información no servizo de orientación laboral do Concello de Fene, tfno 981 492 767. orientacion.laboral@fene.gal