O Museo do Humor de Fene súmase á "Onda Universal pola liberdade"

CONCELLERÍA DE CULTURA E ENSINO

O Museo do Humor de Fene súmase á "Onda Universal pola liberdade"

A campaña, impulsada polo Museo da Imprensa de O Porto, xorde como resposta ao atentado contra o semanario Charlie Hebdo do que se ven de conmemorar o primeiro aniversario
Hai preto dun ano, o 7 de xaneiro de 2015, o mundo quedou abatido coa noticia da masacre do semanario Charlie Hebdo. Foi un duro atentado contra os valores da liberdade de expresión, sentimento que acadou eco mundial coa frase “Je suis Charlie. Para o principal impulsor desta campaña, o director do Museo da Imprensa de O Porto, Luís Humberto Marcos, “un ano despois, a evocación daquel día sanguento debe servir para erguer máis alta a bandeira da Liberdade coma un valor indispensable para a vida, xa que sen ela murchamos”.  Daí a proposta de crear unha “onda universal” pola Liberdade, que se traduce nunha serie de mostras simultáneas en distintos centros expositivos  coma o Museo da Imprensa de O Porto, a Casa da Imprensa de Lisboa ou o Museo do Humor de Fene.
Á par desta iniciativa, o Museo da Imprensa de O Porto puxo en marcha a Galería Wolinski no seu Museo Virtual do Cartoon. A galería inclúe unha biografía do debuxante Georges Wolinski (morto na masacre do Charlie Hebdo) que durante máis dunha década presidiu o xurado do PortoCartoon. Tamén inclúe fotografías, debuxos do autor, crónicas sobre o festival, portadas do Charlie Hebdó realizadas por Wolinski e unha bibliografía completa