Aberto o prazo de preinscrición na campaña de Esquí da Deputación

CONCELLERÍA DE DEPORTES

Aberto o prazo de preinscrición na campaña de Esquí da Deputación

O Concello de Fene contará con 9 prazas na “Campaña de esquí 2016” da Deputación da Coruña, que este ano se realizará na estación invernal de Leitariegos, e está destinada a rapaces e rapazas nados/as nos anos 200, 2002, 2003, 2004 e 2005.
A quenda que lle corresponde ao concello de Fene é a terceira: do 21 ao 26 de febreiro de 2016.
Os participantes disfrutarán de cinco días con aloxamento, manutención e cursiños de esquí na estación de Leitariegos.
Nesta edición, cada participante terá que pagar unha cota de inscrición de 95 €.
A Deputación responsabilizarase do transporte de todos os participantes dende os puntos de recollida en cabeceiras de comarca, estancia, manutención, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos na estación e actividades complementarias.
Cada participante terá que pagar unha cota de inscrición de 95 €.
Todos os rapaces e rapazas interesados en participar, deberán facer unha preinscrición nas dependencias municipais do departamento de Deportes, en Avda. Naturais, nº 44, entrechán (Fene).
No caso de ter máis solicitudes que prazas asignadas (9) realizarase un sorteo público no salón de Plenos do Concello ante a secretaria do Concello para adxudicalas.
A data límite para efectuar a preinscripción no Departamento de Deportes é o 22 de xaneiro de 2016.