CONCELLERÍA DE BENESTAR E IGUALDADE
Escolas de avós e avoas
18-01-2016
Publicación enmarcada no programa de recuperación da memoria histórica de Fene, “Construíndo Pontes”, na que se recolle información sobre os salóns de baile e os cines que houbo en cada parroquia do concello de Fene así como as lembranzas das persoas participantes. Outro apartado fai referencia á vida social e relacións, as festas como lugar de socialización, os rituais dos bailes e as súas normas, a relación da xuventude co alcohol e as relacións de parella.Con este traballo destacamos a valiosa contribución que as persoas participantes fan ás xeracións máis novas posibilitando unha convivencia interxeneracional. Valorando o pasado e a súa influencia no presente, aproveitando estas experiencias para medrar no día a día.
Nestas sesións as persoas participantes de Construíndo Pontes comparten os resultados do mesmos co alumnado de secundaria ( 1º e 2º de ESO) os seus coñecementos e vivencias e enriquecer máis aínda a experiencia.
Ao longo da sesión faise unha exposición do traballo realizado e realización de dinámicas participativas referidas ao ocio, horarios, transformacións da vida social.
Ao alumnado entregaráselle copia da publicación elaborada.