Xustificación das subvencións a entidades culturais, deportivas e ampas correspondentes ao exercicio de 2014

CONCELLERÍAS DE CULTURA, ENSINO E DEPORTES

Xustificación das subvencións a entidades culturais, deportivas e ampas correspondentes ao exercicio de 2014

As sociedades ás que se lles concedeu unha subvención municipal ao abeiro da convocatoria de concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva a entidades sen fins de lucro para actividades desenvolvidas durante o ano 2014 (bases publicadas no BOP núm. 207 do 29/10/2015) teñen de prazo até o vindeiro 15 de febreiro (BOP núm. 248 do 29/12/2015) para achegar no Rexistro Xeral de Entrada do Concello a documentación xustificativa requirida nas bases que rexen esta convocatoria.
Poden descargar dende esta páxina os formularios xeais de xustificación, os da conta xustificativa e o do orzamento de ingresos e gastos.