Obradoiro de "Cociña Entroideira"

CONCELLERÍA DE CULTURA E ENSINO

Obradoiro de "Cociña Entroideira"

O obradoiro está dirixido a nenos e nenas escolarizados en educación primaria e terá 2 horas de duración.
O número de prazas é limitado, máximo de 30, e hanse cubrir por rigorosa orde de inscrición. As matrículas, gratuítas, poderán formalizarse presencialmente nas dependencias da área de Cultura e Ensino (Avenida de Naturais, 44, entresollado), de luns a venres, en horario de 8:00 a 14:00 h.
Os nenos e as nenas participantes neste Obradoiro traballarán aspectos coeducativos e aprenderán a facer 3 receitas de “Cociña Entroideira” cos materiais que lles proporcionarán os/as monitores/as.
Descarga aquí o formulario de inscrición.