IV Trofeo de baile deportivo "Concello de Fene"

CONCELLERÍA DE DEPORTES

IV Trofeo de baile deportivo "Concello de Fene"

O IV Trofeo  de baile deportivo “Concello de Fene” está catalogado como proba válida para o Ranking Nacional e Autonómico. Segundo informan dende a organización, as parellas participantes competirán nas modalidades de baile Standard (vals inglés, tango, vals vienés, slow fox e quickstep),  Latino (samba, cha cha cha, rumba, pasodobre e jive) e como novidade Danza Coreográfica.
O torneo está organizado por Tedaga e a Asociación Xuvenil “Fene Movemento” coa colaboración do Departamento de Deportes do Concello de Fene.