Arrincou o programa "Contamos" no CEIP Centieiras

CONCELLERÍA DE CULTURA E ENSINO

Arrincou o programa "Contamos" no CEIP Centieiras

Participou tamén neste primeiro encontro o alcalde de Fene, Juventino Trigo, cuxa presencia serviu ao director de Centieiras, Antón Pena, para explicar aos nenos/as en qué consiste o traballo dun alcalde. Ámbolos dous convidados recibiron ao remate da actividade senllos lenzos pintados polo alumnado de 6º de Educación Infantil (obras inspiradas no concello de Fene e no propio CEIP Centieiras).
Aproveitando a súa participación no programa “Contamos”, o alcalde de Fene e a inspectora de Educación realizaron ao remate da sesión de lectura unha visita en profundidade polas instalacións do centro. No devir deste percorrido, Juventino Trigo e Elena Urtiaga coñeceron de primeira man cómo é o funcionamento do CEIP Centieiras e cales son as súas principais demandas, entre as que salientaron -por parte da Dirección do colexio- a necesidade dunha cuberta para o patio.
Logo desta primeira sesión, o programa “Contamos” retomarase o vindeiro martes coa visita ao colexio da Concelleira de Cultura e Ensino, Amalia García.