Sesións en Familia

CONCELLERÍA DE IGUALDADE E BENESTAR

Sesións en Familia

Os Grupos de Familias reuniranse nesta semana, o grupo de Espazos Compartidos (familias con fillas/os en educación primaria) realizarán a sesión nun centro escolar e o grupo de Suma e Segue (familias con fillas/os en educación secundaria)  xuntaranse no centro municipal de servizos sociais.
O tema tratará de "Como axudar aos fillos/as a construir a súa identidade e a súa autoestima". Falaremos sobre as ferramentas que poden empregar as familias para apoiar o desenvolvemento da súa identidade; educando de maneira segura, flexible e fomentando a súa motivación e liberdade. Para iso empregaranse exemplos de diferentes situacións cotiás familiares, coas que se analizará e debatirá o xeito de educar en positivo para axudar aos nenos/as a construir a súa propia identidade. Os grupos e as datas de reunión son as seguintes:ESPAZOS COMPARTIDOS
CPI XUNQUEIRA o martes 26 de xaneiro de 17:00 a 18:30 h
SUMA E SEGUE
CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS o xoves 28 de xaneiro de 17:45 a 19:15hA finalidade destas sesións é aportar novas ferramentas e recursos educativos ás familias interesadas en ampliar os seus propios coñecementos, compartir experiencias e favorecer así o apoio que poden aportar as súas fillas e fillos ou netos/as.
Actividades gratuítas e abertas a toda a poboación.
Para calquera información dirixirse a:
CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607 - Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal