"Contamos" leva ao Colexio Centieiras á Concelleira de Cultura e Ensino

CONCELLERÍA DE CULTURA E ENSINO

"Contamos" leva ao Colexio Centieiras á Concelleira de Cultura e Ensino

No seu encontro cos alumnos/as de Infantil e Primeira, a edil leu o conto “Sandra y su zoo” . Ao remate, recibiu dos pequenos/as un lenzo pintado por eles mesmos.
Aproveitando a súa visita ao colexio Centieiras, a concelleira de Cultura e Ensino de Fene mantivo un encontro co director, Antón Pena, e con membros do profesorado e da Anpa do centro que lle amosaron a Amalia García as obras realizadas polo Concello neste curso, amais de trasladarlle as actuacións que quedan pendentes.
Logo desta segunda sesión, o programa “Contamos” retomarase próximamente coa participación de representantes da Deputación Provincial, do Concello de Fene e de asociacións e entidades de diferentes ámbitos do municipio”.Nas vindeiras semanas pasarán polo centro representantes da Deputación Provincial, do Concello e do movemento asociativo fenés.