In Fene no CPS de San Valentín

CONCELLERÍA DE IGUALDADE E BENESTAR

In Fene no CPS de San Valentín

O concello de Fene dende a Área de Benestar social e igualdade, leva a cabo  o programa de peques a maiores: compartindo espazos, no que se enmarca o programa de ocio xuvenil “IN FENE” subvencionado pola Deputación da Coruña.
IN FENE  é un programa alternativo  destinado para todos aqueles rapaces e rapazas entre 11 e 16 anos para cubrir as tardes dos venres dun xeito divertido e grupal.
Este venres as  actividades estarán  relacionadas con música , xogos, manualidades e moito máis.
Ven a disfrutar das actividades en compañía. É divertido.
Para calquera información dirixirse a:
CENTRO  MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607
Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal