CONCELLERÍA DE IGUALDADE E BENESTAR
Tardes Activas
01-02-2016
Ao abeiro deste programa realízanse as seguintes actividades:- Obradoiros de activación de memoria nas entidades parroquiais de Fene.
- Obradoiros de recuperación de memoria no Centro Municipal.
- Obradoiro de apoio a familiares de pèrspoas dependentes
- Construíndo Pontes
OBRADOIROS DE ACTIVACIÓN DA MEMORIA realizaranse actividades para manter activa a mente e mellorar a memoria naquelas persoas con esquecementos cotiás (onde están as chaves, cómo era o nome de...), utilizaranse dinámicas de ocio e grupais para a realización das actividades. Ao longo das nove sesións as actividades se distribuirán en tres partes:
I PARTE: actividades para mellorar a atención, estimulación visual, coordinación...
II PARTE: actividades variadas nas que se traballa a memoria autobiográfica a través de relatos, anuncios publicitarios, xogos,...
III PARTE: fomentar hábitos saudables: “A marabilla de facerse maior”.
OBRADOIRO DE RECUPERACIÓN DA MEMORIA realizaranse actividades en grupo encamiñadas a mellorar a memoria, a linguaxe, a orientación, a atención, etc. Para retrasar o inicio dunha demencia ou mantela estable sen empeoramento. Ademais dos beneficios de pertencer a un grupo. Este impártese no centro municipal de Servizos Sociais os xoves de 16:30 a 18:00h
Grupos de apoio: para familiares de persoas dependentes, é un espazo no que se comparten experiencias, sentimentos e dubidas. Se tratarán temas de coidado persoal e autocoidado.
INICIO:
Xoves 21 de xaneiro a 2 de xuño.
HORARIO:
de 16:30 a 18.00 h.
LUGAR:
Centro Municipal de servizos sociais
CONSTRUÍNDO PONTES Tratase dun espazo de recuperación da historia de Fene. As persoas participantes neste curso elixirán o tema de traballo relacionado con as súas vivencias de tempos pasados e xuntos construír un documento, a traves do cal compartir e visibilizar o proxecto nun acto para toda a cidadanía. Este programa no que sen reuniran aquelas persoas interesadas en participar , un día a semana durante os meses de xaneiro a maio .
INICIO:
martes 16 de febreiro a 26 deabril.
HORARIO:
de 16:30 a 18.00 h.
LUGAR:
Centro Municipal de servizos sociais
Con este proxecto ofértanse actividades e experiencias para as persoas que se atopan na madurez co fin de que podan gozar dun tempo de lecer activo e satisfactorio contribuíndo a mellorar a imaxe social das persoas maiores e proporcione ás persoas adultas claves e oportunidades para acadar un envellecemento activo e satisfactorio.
Estás actividades están abertas a poboación en idade madura, cun límite de 20 prazas que se cubriran por orden de inscrición.
As actividades teñen carácter gratuíto. Programas subvencionados pola Deputación Provicial da Coruña.
Todas aquelas persoas interesadas en participar presentaran a folla de inscrición cuberta no centro municipal de servizos sociais ou nas entidades veciñais onde se realicen os obradoiros.
Para calquera información dirixirse a:
CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607
Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal