ALCALDÍA
A nova ordenanza de usos de Vilar do Colo xerará novos proxectos de emprego en Fene
05-02-2016
O feito de poder ampliar usos permitirá que se xeren actividades de tipo complementario ao industrial e novos usos como o comercial, social, hostaleiro, entre outros. En concreto, trabállase xa na posta en marcha dun tanatorio, e na construción dun hotel e dunha superficie comercial dunha cadea de alimentación. Ademais, xa están a funcionar un establecemento de hostalería e máis unhas instalacións deportivas de pádel.Para o alcalde de Fene, Juventino Trigo, trátase dunha oportunidade para que novas empresas se radiquen no municipio en igualdade de condicións grazas as normas aprobadas no Pleno de novembro pasado.