CONCELLERÍA DE CULTURA E ENSINO
Arrinca o entroido fenés!
08-02-2016
O taller, de dúas horas de duración, terá lugar nas instalacións do CCRD de Perlío a partir das 18 horas.Os nenos e as nenas participantes neste Obradoiro traballarán aspectos coeducativos e aprenderán a facer 3 receitas de “Cociña Entroideira” cos materiais que lles proporcionarán os/as monitores/as.
O martes día 9, a partir das 17.30 horas, celebrarase a tradicional festa infantil na Praza do Concello, con música a cargo de Dinamo Animación e degustación de lambetadas de Entroido. Colaboran: Panadería Ramón, Panadería El Cruce, Panadería Abroa, Panadería Amaria, Confitería Sara e Confitería Martínez.
E xa para pechar a programación deste Entroido no Concello de Fene, o mércores 10 de febreiro celebrarase o desfile e posterior festival de comparsas. As agrupacións participantes sairán ás 18.00 horas de Perlío (Aguilar), percorrendo a Avda. Marques de Figueroa, Cruce de Fene, Avda. Naturais e Avda. Do Concello. O desfile finalizará na Praza do Concello onde se celebrará o Festival coa actuación das comparsas Os Colludos, A Revolta de Trasancos, Os Juasapeiros, Tribu Fantasía (Paso a paso), Os Scratchados de Fene, Os nenos de Lola, Comparsa da Semente e Troupele Troupele. Tamén subirán ao escenario (aínda que non actúan este ano) Os Argalleiros, A Canteira e Os Parrandolos. As tres comparsas restantes – Xeriatros Ferrol, Xeriatros Narón e “Los Pintores” de Xeriatros Laraxe”- rematarán o seu desfile na mesma Praza do Concello onde se despedirán de todos/as os/as veciños/as que asistan ao evento.
Finalizado o desfile de comparsas, procederase á lectura do testamento, á queima do boneco e á sesión de fogos de artificio. Para rematar, ao redor das 21 horas, comezará o baile coa orquestra Abanico.