Convocatorias abertas para obtención de carnés profesionais e acceso ciclos formativos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Convocatorias abertas para obtención de carnés profesionais e acceso ciclos formativos

  • A orde  pola que se convocan probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2016 establece como prazos:
1. Para a convocatoria ordinaria, o prazo de presentación de solicitudes será desde o día 15 ao día 26 de febreiro de 2016, ambos os dous incluídos.
2. Para a convocatoria extraordinaria, o prazo de presentación de solicitudes será desde o día 1 ao día 13 de xullo de 2016, ambos os dous incluídos.
  • A orde pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional establece como prazos:
Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 4 e 15 de abril de 2016, ambos os dous incluídos.
As probas de acceso aos ciclos de grao medio terán lugar o día 25 de maio de 2016
Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior. O prazo de presentación estará abranguido entre os días 15 e 26 de febreiro de 2016, ambos os dous incluídos. As probas de acceso aos ciclos de grao superior terán lugar o día 20 de abril de 2016
Para máis información consulte os enlaces aquí achegados.