Nomeamento conserxe funcionario interino

CONCELLERÍA DE FACENDA, PROMOCIÓN ECONÓMICA, FORMACIÓN E EMPREGO

Nomeamento conserxe funcionario interino

Requírese a persoa nomeada que proceda a tomar posesión da praza de funcionario interino o 22.02.2016 debendo achegar, con carácter previo, un certificado médico en impreso oficial do Colexio de Médicos e asinado por un colexiado en exercicio no que conste expresamente que ten “a capacidade funcional necesaria para traballar como conserxe” e declaración xurada de non estar incurso en incompatibilidade para ser persoal das Administracións Públicas e non ter sido separado nin inhabilitado do servizo público.
 
 
Se no prazo indicado, o aspirante nomeado non presenta a documentación requirida, o resultado do recoñecemento médico fose “non apto” ou non toma posesión da praza de funcionario interino, quedará sen efecto o nomeamento realizado.