Medio Ambiente proxecta a construción dunha área recreativa con parque para cans en San Valentín

CONCELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

Medio Ambiente proxecta a construción dunha área recreativa con parque para cans en San Valentín

Trátase dun proxecto a realizar en dúas fases, cun orzamento total de 125.000 euros, e a primeira delas dará comezo antes do verán. A concelleira de Medio Ambiente, Mariela Aguilar, sinala que “se trata dun proxecto consensuado co tecido asociativo de San Valentín”, e que “vai contribuir ao obxectivo programático do goberno de construir un municipio do século XXI”. O temporal pasa por Perlío sen inundacións do río Cádavo
Por outra banda, as xestións da concellería de Medio Ambiente para evitar as constantes inundacións do río Cádavo en Perlío resultaron efectivas nesta ocasión, dado que a limpeza do cauce conseguiu que o último temporal de auga pasara pola localidade sen provocar inundación ninguna.