CONCELLERÍA DE IGUALDADE E BENESTAR
Stop Motion
26-02-2016
O concello de Fene dende a Área de Benestar social e igualdade, leva a cabo o programa de peques a maiores: compartindo espazos, no que se enmarca o programa de ocio xuvenil “IN FENE” subvencionado pola Deputación da Coruña.IN FENE é un programa alternativo destinado para todos aqueles rapaces e rapazas entre 11 e 16 anos para cubrir as tardes dos venres dun xeito divertido e grupal.
Nesta sesión realizarse coa mocidade participante un obradoiro de creación de STOP MOTION, unha técnica de animación que consiste en aparentar o movemento de obxectos ou persoas a través da sucesión dunha serie de imaxes fixas. Con esta técnica desenvolverán a súa creatividade, deseñando o guión dunha historia, buscando a escenografía necesaria, os personaxes, e por último editando o seu propio stop motion de animación.
Ven a disfrutar das actividades en compañía. É divertido.