"Contando con Rosalía" na Biblioteca Municipal de Fene

CONCELLERÍA DE CULTURA E ENSINO

"Contando con Rosalía" na Biblioteca Municipal de Fene

Poemas e contos para compartir, cargados da musicalidade da poesía de Rosalía de Castro. Un achegamento á poesía e á narración oral dun xeito lúdico, divertido e saboroso. Rimas, poesías e contos para o Aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.
O contacontos diríxese á rapazada entre 4 e 11 anos. A entrada é libre, ata completar aforo.