Contruíndo Pontes amplía o prazo de matrícula até o 29 de febreiro

CONCELLERÍA DE BENESTAR SOCIAL E IGUALDADE

Contruíndo Pontes amplía o prazo de matrícula até o 29 de febreiro

CONSTRUÍNDO PONTES é espazo de recuperación da historia de Fene. As persoas participantes neste curso elixirán o tema de traballo relacionado con  as súas vivencias  de tempos pasados e xuntos construír un documento, a través do cal compartir e visualizar o proxecto nun acto para toda a  cidadanía.  
Ofértanse actividades e experiencias para as persoas que se atopan na madurez co fin de que poidan gozar dun tempo de lecer activo e satisfactorio  contribuíndo a mellorar a imaxe social das persoas maiores e proporcione ás persoas adultas claves e oportunidades para acadar un envellecemento activo e satisfactorio.
 
Estás actividades están abertas a poboación en idade madura, cun límite máximo  de 20 prazas e mínimo para iniciar a actividade é de 10 que se cubriran por orden de inscrición.
A actividade ten carácter gratuíto.
Todas aquelas persoas interesadas en participar presentaran a folla de inscrición cuberta   no centro municipal  de servizos sociais ou nas entidades veciñais onde se realicen os obradoiro 
Este programa  desenvolverase un día a semana durante os meses de marzo a maio no Centro Munipal de Servizos Sociais.
INICIO:
martes 1 de marzo a 3 de maio.
HORARIO:
de 16:30 a 18.00 h.
Posteriormente este proxecto de recuperación de memoria histórica se dará a coñecer nos centros educativos nos meses de outubro a decembro,  buscando así o encontro interxeracional.
Para calquera información dirixirse a:
CENTRO  MUNICIPAL  DE SERVIZOS SOCIAIS
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607
Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal