Aberto o proceso participativo para avaliar o II Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes

CONCELLERÍA DE BENESTAR SOCIAL E IGUALDADE

Aberto o proceso participativo para avaliar o II Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes

A avaliación dun Plan de Igualdade de Oportunidades Municipal é un proceso participativo que precisa das achegas, suxestións e opinións de todas as persoas implicadas, de cara a realizar unha diagnose real do alcance do II Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes ata agora en vigor. Neste marco de colaboración, as opinións do persoal político, das traballadoras e traballadores das distintas áreas e departamentos municipais, dos axentes sociais (asociacións, sindicatos, forzas de seguridade, profesorado, persoal sanitario, etc.) e, sobre todo, de toda a cidadanía de Fene son de gran importancia.
Por este motivo, ponse a disposición das cidadás e cidadáns de Fene, unha enquisa (anónima). Para acceder premer aquí
Esta enquisa, de resposta anónima, estará configurada por 20 ítems que recollerán información sobre diferentes aspectos relacionados coa igualdade de oportunidades no concello (traxectoria municipal neste ámbito, igualdade de oportunidades no emprego, conciliación, Servizo Municipal de Atención á Muller, corresponsabilidade no ámbito doméstico e nos coidados, etc.), ademais permitirá realizar as achegas que cada persoa participante considere.
Polo tanto, dende a Concellería de Benestar Social e Igualdade se solicita e agradece a colaboración na cumprimentación desta enquisa, que tamén recollerá información importante para a elaboración e implementación do III Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades que está programado realizar ao longo do ano 2016.
Sucesivamente se lles informará dos pasos que se vaian producindo en referencia a este asunto.