CONCELLERÍA DE BENESTAR SOCIAL E IGUALDADE
Como son? Como me ven?
23-02-2016
O concello de Fene dende a Área de Benestar Social e Igualdade, leva a cabo o proxecto “De peques a maiores: compartindo espazos”, no que se enmarcan os programa de ESPAZOS COMPARTIDOS e SUMA E SEGUE, subvencionado pola Deputación da Coruña.Para o grupo de Espazos Compartidos (familias con fillas/os en educación primaria) as sesións coas familias terán lugar en cada un dos centros escolares que están funcionando os grupos de nenos/as porque faranse conxuntamente cos nenos/as e as súas familias. No grupo de Suma e Segue (familias con fillas/os en educación secundaria) realizarase a sesión no centro municipal de servizos sociais.O tema que se tratará leva por título "Como son? Como me ven?"; e se abordará o autoconcepto, a autoestima e a construcción da propia identidade. Deste xeito, a través de diferentes xogos e dinámicas, falaremos coas familias e os seus fillos/as sobre a influencia das etiquetas, como nos inflúe o que as demais persoas opinen de nós, de qué maneira nos fai sentir e como podemos aprender a querernos a nós mesmos/as axustándonos á nosa realidade e respectando ás demais persoas.Os grupos, as datas e horarios de reunión son as seguintes:
ESPAZOS COMPARTIDOS (familias e fillos e fillas de primaria)
CEIP OS CASAIS mércores 24 de febreiro de 17:30 a 19:00 h.
CPI XUNQUEIRA xoves 25 de febreiro de 16:00 a 17:30 h.
CEIP CENTIEIRAS luns 29 de febreiro de 16:00 a 17:30 h.
SUMA E SEGUE (familias e fillos e fillas de secundaria)
CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS o xoves 25 de febreiro, de 17:45 a 19:15 h A finalidade destas sesións é aportar novas ferramentas e recursos educativos ás familias interesadas en ampliar os seus propios coñecementos, compartir experiencias e favorecer así o apoio que poden aportar as súas fillas e fillos ou netos/as.
Actividades gratuítas e abertas a toda a poboación.
A coordinadora deste programa é a pedagoga municipal.
Para calquera información dirixirse a:
CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607 - Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal