XVI Maratón de Lectura "Fene Lendo Mulleres".

CONCELLERÍA DE BENESTAR SOCIAL E IGUALDADE

XVI Maratón de Lectura "Fene Lendo Mulleres".

Para a elaboración do “Manifesto” do 8 de marzo este ano contamos coa colaboración da deputada Mónica Fernández Rodríguez, natural e residente en Fene. Muller implicada no movemento social e cultural de Fene, traballando activamente na  Asociación Oncohematolóxica POR+VIDA da que é socia e membro da directiva.
Participarán neste acto os centros escolares de Centieiras, A Xunqueira, Os Casais, O Ramo, IES Fene, Jorge Juan e o alumnado dos obradoiros ocupacionais de ASPANEPS Fene. Sendo o gasto do transporte subvencionado pola Concellaría de Benestar Social e Igualdade do Concello de Fene.
Cada un destes centros, a través do seu alumnado, traballará nos vindeiros días textos escritos por mulleres, ou mesmo outros textos elaborados por eles que serán lidos por escolares designados nas aulas entre as/os compañeiras/os. A temática debe xirar no eido da igualdade entre homes e mulleres e/ou na visibilización da muller.
Deste xeito, será a poboación escolar e docente a propia protagonista, tendo unha participación eminentemente activa e visibilizando coas súas lecturas e/ou representacións, cancións... as desigualdades e a loita por conseguir erradicala.
As lecturas serán retrasmitidas  en RadioFusión-Radio/Fene: 107,7 FM nos días posteriores ao maratón, nun espacio que cada día ocupará un centro escolar.