Adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

Adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3

As solicitudes de renovación de praza e de novo ingreso deberán presentarse en soporte papel na propia escola infantil, ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. No suposto de renovación de praza nun centro distinto daquel que estea matriculada a/o nena/o, a solicitude presentarase nesta escola, indicando o centro para o cal solicita a renovación de praza.
O formulario normalizado está dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, na páxina web do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar http:/www.igualdadebenestar.org , así como nas escolas infantís 0-3.
O prazo para a presentación das solicitudes de novo ingreso será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
A resolución regula tamén a participación no programa de concerto de prazas en escolas infantís privadas para as persoas interesadas en optar a unha praza concertada nalgunha das escolas infantís de titularidade privada adscritas ao programa de concerto da Consellería de Política Social, que non obteñan praza en ningunha das escolas públicas solicitadas, e  a participación no programa Bono Concilia. Axuda económica mensual para contribuír ao pagamento do importe da praza nunha escola infantil 0-3 non sostida con fondos públicos, que vai dirixido a quen non obteña praza en ningunha das escolas solicitadas
Para máis información dirixirse a:
Escola infantíl de Fene
Lugar da Torre, s/n, Perlío, 15550 Fene (A Coruña)
981 34 45 73
HORARIO 7.30-16.30