As concellerías de Obras e Servizos e Educación e Cultura detectan importantes deficiencias nos centros de ensino derivados da falta de mantemento

CONCELLERIA DE OBRAS E SERVIZOS

As concellerías de Obras e Servizos e Educación e Cultura detectan importantes deficiencias nos centros de ensino derivados da falta de mantemento

A elaboración dun plan integral de conservación dos centros de ensino por parte das concellerías de Obras e Servizos e Educación e Cultura está a poñer de manifesto as graves deficiencias que presentan algúns colexios como consecuencia da falta de mantemento dos últimos catro anos.
Entre as carencias detectadas figuran as seguintes:
Paredes con risco de desprendementos, na escola infantil e no CPI A Xunqueira, co conseguinte perigo que entrañan para os escolares.
Filtracións de auga e goteiras, nos CEIP Os Casais e O Ramo, que neste último teñen provocado perigosas caídas das lámpadas fluorescentes das aulas.
Desprendementos de ventás e/ou vidros, nos CEIP A Xunqueira e Os Casais.
Falta de mantemento en tellados e canalizacións, nos CEIP Centieiras e O Ramo.
Portas e marcos apolillados, no CEIP Centieiras. Deficiencias na calefacción en todos os centros, pero dun xeito especial no CEIP O Ramo.