CONCELLERÍA DE IGUALDADE E BENESTAR
Construíndo Pontes comeza hoxe no Centro Municipal de servizos sociais
01-03-2016
Contruíndo Pontes é un espazo de recuperación da historia de Fene. As persoas participantes neste curso elixirán o tema de traballo relacionado con as súas vivencias de tempos pasados e xuntos construirán un documento, a través do cal compartir e visualizar o proxecto nun acto para toda a cidadanía.Neste programa se reuniran aquelas persoas interesadas en participar, un día a semana durante os meses de marzo a maio. Un total de 10 sesións.
INICIO:
martes 1 de marzo a 3 de maio.
HORARIO:
de 16:30 a 18.00 h.
LUGAR:
Centro Municipal de servizos sociais
Posteriormente este proxecto de recuperación de memoria histórica se dará a coñecer nos centros educativos nos meses de outubro a decembro e así se buscará o encontro interxeracional. Estas actividades e experiencias para as persoas que se atopan na madurez teñen por finalidade que poidan gozar dun tempo de lecer activo e satisfactorio contribuíndo a visibilizar a imaxe social das persoas maiores e proporcionar ás persoas adultas claves e oportunidades para acadar un envellecemento activo e satisfactorio.
Estás actividades están abertas a poboación en idade madura, cun límite máximo de 20 prazas , quedan 8 prazas libres que se cubriran por orden de inscrición.
A actividade ten carácter gratuíto.
Todas aquelas persoas interesadas en participar presentaran a folla de inscrición cuberta no centro municipal de servizos sociais.
Para calquera información dirixirse a:
CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal