II Taller de Radio

CONCELLERÍA DE CULTURA E ENSINO

II Taller de Radio

Aqueles nenos e nenas interesadas en participar ainda poden inscribirse xa que quedan prazas libres,  soamente deben pasarse pola Biblioteca Municipal (ou chamar, en horario de tarde, ao teléfono 981 342 302.)
O taller estructurarase en catro sesións de hora e media de duración cada unha, os días 3, 10, 17 e 31 de marzo, de 17.00 a 18.30 horas. No decurso da actividade, os/as participantes converteranse en productores, redactores e locutores dun programa de radio que, na derradeira sesión do obradoiro, se gravará nas instalacións da emisora municipal Radio Fene. De xeito lúdico e, fundamentalmente práctico, os nenos/as aprenderán cómo é o proceso de conseguir a noticia, facer entrevistas, redactar para o medio radiofónico e editar un programa do que, logo da súa grabación, recibirán unha copia. O obradoiro será impartido pola xornalista Almudena Marcos.