CONCELLERÍA DE BENESTAR SOCIAL E IGUALDADE
Marzo artístico In Fene
03-03-2016
Programa destinado para todos aqueles rapaces e rapazas entre 11 e 16 anos co obxectivo de cubrir as tardes dos venres dun xeito divertido e grupal.Os venres 4, 11 e 18 de marzo, o grupo se reunirá no local da AAVV de Perlío de 16.30 a 18.30h.VENRES 4: Obradoiro de carvado de selos. As persoas participantes aprenderán a realizar, coa axuda dunha especialista, os seus propios selos identificativos ou decorativos mediante a técnica do carvado en goma.
Tamén haberá tempo para a música, o tenis de mesa e os últimos detalles dos stop motion das semanas pasadas.
VENRES 11: Nesta ocasión terá lugar a esperada estrea dos stop motion, para ver o resultado final dos vídeos de animación deseñados e gravados polos rapaces e rapazas de IN FENE. Ao longo da tarde terá lugar un obradoiro de fotografía no que aprenderemos trucos para sacar fotos urbanas, de retrato entre compañeiros/as e tamén algunha técnica fotográfica coma o Lightpainting, que consiste en "pintar con luz" nunha exposición prolongada.
VENRES 18: Obradoiro de estampación de camisetas, no que poderán deseñar ou escoller a súa plantilla favorita. Para iso deberán levar as súas propias camisetas e alí con imaxinación e cor, transformalas en verdadeiras prendas con arte e estilo propio.
Continuarase con diferentes xogos e probas cooperativas nos que a aprendizaxe e a diversión está asegurada...o vas a perder? VEN A IN FENE!
Para calquera información dirixirse a:
CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS.
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607
Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal