Exposición de pintura de Julia Pita na Casa da Cultura de Fene

CONCELLERIA DE CULTURA E ENSINO

Exposición de pintura de Julia Pita na Casa da Cultura de Fene

A mostra poderá visitarse até o vindeiro 1 de abril no seguinte horario:
de luns a venres, de 10 a 13 horas e de 16 a 21 horas, e sábados, de 10 a 13 horas.
Na Semana Santa o horario será: de luns a venres, de 10 a 14.15 horas (agás domingos e festivos nos que a sala permanecerá pechada)
Natural de Ferrol, Julia Pita pinta dende hai 8 anos, cando comezou a asistir ás clases de pintura de José Montero. Ata a actualidade, ten realizado exposicións no Club de Tenis de Redes, no Casino de Ares, en Mugardos, no Froiz de Narón e no Club de Campo de Ferrol.