Taller de poesía para nenos e nenas na Biblioteca Municipal de Fene

CONCELLERÍA DE CULTURA E ENSINO

Taller de poesía para nenos e nenas na Biblioteca Municipal de Fene

As prazas son limitadas polo que, para participar, cómpre inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 981 34 23 02 (horario de tarde). O obxectivo desta actividade, organizada pola Concellería de Cultura e Ensino, é celebrar o Día da Poesía de forma conxunta co Día das Árbores e o Día da Auga, xa que os tres se conmemoran ao longo do mes de marzo.
Segundo informan dende a Biblioteca Municipal, os/as nenos/as que participen no obradoiro traballarán con poemas coñecidos e crearán tamén os seus propios versos, rematando o taller coa súa plasmación nun mural que encherán de árbores, flores... e de versos.